Mitines en Brión, Santa Icía e San Xoán.
Ferrol, domingo 8 de maio do 2011
Esquerda Unida vén de manter un encontro aberto coa veciñanza de San Xoán para explicar e debater a proposta de cidade e en particular das necesidades do barrio para o vindeiro mandato municipal. Yolanda Díaz, Javier Galán e Xosé María Dobarro tomaron a palabra para defender, explicar e debater as ideas e propostas que Esquerda Unida ten para San Xoán e o conxunto da cidade.
A xuntanza que se produciu no local da asociación veciñal comezou coas verbas de Yolanda Díaz nas que resaltou o valor da relación miuda e de igual a igual coa veciñanza para construir unha cidade participativa e coas dotacións e servizos públicos suficientes.
Esquerda Unida avogou por redifinir e acondicionar o cuartelillo da policía para convertelo nun Centro Cívico para o barrio, que sirva de nudo de relación e fomente a vida social no barrio.
Yolanda Díaz lembrou a porposta programática que Esquerda Unida ten para situar un centro de saúde e asistencial no barrio, consonte o plan de extensión que en materia de saúde pública presenta Esquerda Unida para o conxunto da cidade.
A cuestión da reurbanización das rúas Basanta e Espiño para garantir a seguridade vial e acomodalas á intensidade do tráfico que soportan, foron outras das demandas expostas no debate pola veciñas e veciños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario