NO GOBERNO
- SABEMOS E QUEREMOS GOBERNAR COA PARTICIPACIÓN CIDADÁ.
- Xunto a oitenta entidades cidadás, aprobamos o novo Regulamento de Participación Cidadá, ferramenta para a participación, a información e o control pola cidadanía do Goberno.
- Ampliamos a democracia poñendo as bases para desenvolver os Orzamentos Participativos, facendo posible que a veciñanza codecida nos asuntos da cidade todos os días, nas pequenas obras e nas grandes decisións.
- REVOLUCIONAMOS O MUNDO DA CULTURA.
- O Jofre e o Torrente desenvolveron unha cultura nova e alternativa, erixíndose en centros de referencia no país. Liñas de programación coherentes e valentes, abertas á creatividade local e de fóra, e ás últimas manifestacións artísticas.
- Desenvolvemento de programas de formación cultural e visitas guiadas.
- Elaboramos unha programación cultural estable e decentralizada nos barrios e melloramos a infraestructura do Centro Cívico de Caranza e do Centro Socicultural Carvalho Calero.
- Unha cultura de cara á xuventude. Construímos os locais de ensaio como espazo de creación e relación da mocedade.
- COA NOSA LINGUA E CULTURA.
- A nosa lingua e cultura como oportunidade e riqueza. Dímoslle un pulo ás políticas públcias de normalización lingüística. Puxemos en marcha o Consello Municipal de Lingua e as súas comisións de traballo. Dotamos co maior orzamento da historia ao departamento de Normalización Lingüística. fixemos bandeira por todo o país do valor da figura de D. Ricardo Carcalho Calero.
- CREAMOS A CASA DA INFANCIA-LUDOTECA.
- No Cantón, no corazón da cidade, fixemos posible contar cun novo equipamento cultural e de lecer para os nosos fillos e fillas.
- CONSTITUIMOS A EMPRESA MUNICIPAL DE TURISMO.
- Unha aposta decidida pola recuperación do protagonismo do sector público no eido da economía. A promoción turística respectuosa co noso patrimonio cultural e natural.
- FIXEMOS REALIDADE A CASA DA MULLER.
- Dúas plantas cun Centro de Información e un Servizo de Atención dotado con todo o equipamento materila e humano precisos.
- RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA.
- Plan de retirada dos elementos da simboloxía franquista que aínda restaban na cidade. A recuperación da memoria histórica como fundamento dunha cultura cívica e republicana para construir unha sociedade reconciliada co seu pasado.
NA OPOSICION
- SOMOS A GARANTÍA DA DEFENSA DO MEDIO AMBIENTE.
- SEGUIMOS NA LOITA CONTRA A ILEGAL E PERIGOSA PLANTA DE GAS DE REGANOSA.
- AS NOSAS ALEGACIÓNS SALVAN A ENSENADA DA MALATA. Deste xeito, facemos posible a chegada do ferrocarril ao Porto Exterior.
- NA DEFENSA DA FRAGA DE MENÁNCARO. Esquerda Unida segue a pelexar para facer realidade a modificación puntual do PXOM.
- SERVIZOS E EQUIPAMENTOS PARA A NOSA CIDADANÍA.
- ACADAMOS A COMPRA DA CASA DE CARVALHO CALERO A UN PREZO REDUCIDO. As nosas propostas e iniciativas fixeron posible adquirir a casa de Carvalho Calero para o seu uso cultural e para dinamizar o barrio de Ferrol Vello.
- HUMANIZAMOS A PARTE TRASEIRA DA BIBLIOTECA CENTRAL.
- 14.000 METROS CADRADOS MÁIS DE PARQUE URBANO NO SÁNCHEZ AGUILERA. Coa nosa proposta de eliminación de alturas construídas e creación dun grande parque urbano no centro da cidade logramos integrar o Sánchez Aguilera na trama da cidade.
- UN CONVENIO CON DEFENSA AMBICIOSO. Reclamamos o que nos debe o Ministerio e a incorporación de espazos como os de Monteventoso, Piroriño ou o Cuartel de Dolores.
- CONQUERIMOS A URBANIZACIÓN DA PRAZA ÁLVARO CUNQUEIRO EN ESTEIRO.
- SEGUIMOS A LOITAR PARA CONQUERIR A REURBANIZACIÓN DA PRAZA DE ESPAÑA.
- NOVO LOCAL SOCIAL NO BARRIO DE SAN PABLO. Foi nosa a proposta para realizalo, incorporando ás actucaións derivadas do Fondo de Solidaridade Estatal.
- IMPUXEMOS A DOTACIÓN ORZAMENTARIA PARA REALIZAR O LOCAL SOCIAL DE CANIDO.
- CONSTRUÍMOS IGUALDADE.
- II PLAN DE IGUALDADE. Coa nosa iniciativa, que acadou o consenso de todos os Grupos Municipais, fixémolo realidade, na procura de avanzar na igualdade real entre mulleres e homes.
- AMPLIACIÓN DA CASA DAS MULLERES. Foi a instancias de Esquerda Unida que se vai ampliar a Casa de Acollida de Mulleres, comprando un terreo adxacente, para ampliar e mellorar os servizos que se prestan ás mulleres acollidas.
- UNHA CIDADE PARA TODAS E TODOS.
- TRES MILLÓNS DE EUROS PARA OS ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS. Esquerda Unida conqueriu unha partida de 3 millóns de euros para que as veciñas e veciños codecidan o futuro dos investimentos para construir, de maneira partillada, unha nova cidade.
- MALLA DE ROTEIROS ACCESIBLES QUE UNAN CARANZA, A ESTRADA DE CASTELA E A ESTRADA DE CATABOIS CO CENTRO DA CIDADE.
- COA VECIÑANZA DA ZONA RURAL NAS MOBILIZACIONS CONTRA O TRANSPORTE DO CLÍNKER.
- DICIMOS CONVOSCO NON AOS POLÍGONOS INDUSTRIAIS EN LEIXA-MANDÍA, cando temos baleiros e sen actividade outros da nosa zona de influencia.