Noso programa para estas Eleccións municipais 2011- Resumo.
- CONCELLOS SOLIDARIOS
- Partida orzamentaria que progresivamente acade no mandato o 1% do presuposto.
- Fomento do comercio xusto e do consumo responsable.
- Constitución do Consello Municipal da Paz, Solidariedade e Cooperación.
- DEMOCRACIA PARTICIPATIVA
- Desenvolvemento do novo Regulamento de Participación Cidadá, das súas figuras, órganos e contidos.
- Plans de xubvencións obxectivos e participados para as entidades asociativas da cidade.
- Creación da Casa das Asociacións como espazo para a cooperación e o empoderamento social.
- Recualificación do proceso dos OP,s, coa súa extensión ao conxunto da cidade, mediante a modificación dos tempos e o progresivo incremento do orzamento á súa diposición.
- Execución de plans sectoriais de formación que propicien a adquisición dos coñecementos necesarios para a cidadanía, as traballadoras e traballadores do concello e entidades asociativas.
- Oficinas de Atención á Cidadanía en Serantes e Caranza para achegar información e servizos.
- CULTURA
- Elaboración dunha programación participativa, descentralizada, interdisciplinar e activa que faga especial fincapé en achegar o millor da cultura contemporánea e o apoio á creación local. Complementar dita programación cun ambicioso proxecto pedagóxico que posibilite un meirande desenvolvemento persoal e social da nosa cidadanía.
- Preservación e posta en valor do noso patrimonio, tanto material como inmaterial. Formación dun museo da cidade no antigo Hospicio onde teña un apartado sobranceiro do mundo do traballo, acometer a rehabilitación da Costa de Mella, a reforma do Centro Torrente e a habilitación dun arquivo municipal.
- URBANISMO
- Creación do Instituto Municipal da Vivenda e Solo.
- Creación do parque lineal entre o Montón e a Cabana. Creación do parque transversal que vai entre o Palco das Ánimas e o Diapasón.
- Reorganización en profundidade da concellería para garantir un funcionamento áxil e participativo. Establecemento dun cauce de Participación Cidadá na elaboración dos proxectos de reurbanización dos barrios.
- Ampliación do Convenio con Defensa para incorporar o Cuartel de Dolores, Monte Ventoso e o Montón.
- Acción rehabilitadora pública para o barrio de Recimil.
- Urbanización da Praza de Sartaña.
- Novo mercado de Caranza, coa definición dun modelo no que participe a veciñanza do barrio e praceiros.
- Elaboración dos Plans Especiais de Ferrol Vello e Esteiro.
- ZONA RURAL
- Saneamento integral en toda a Zona Rural con minidepuradoras con depuración biolóxica.
- Establecemento de redes sin fíos para dar acceso de banda ancha a internet en todo o concello.
- Creación de dúas oficinas de atención cidadá e descentralización de servizos.
- Desenvolvemento dunha programación cultural estable descentralizada.
- Cumprimento riguroso da Ordenanza de Montes, en particular nas obrigas dos madeiristas.
- MEDIO AMBIENTE
- Elaboración participada do Plano de Educación Medio Ambiental.
- A auga como ben de todas e todos demanda outro modelo de xestión: Remunicipalización do servizo de abastecemento de auga, con garantía de cobro polo consumo real.
- Fomento do transporte público, en particular, do tren de cercanías.
- Protección dos nosos espazos naturais e creación de redes de sendeiros e aulas de interpretación.
- Loita contra as diversas contaminacións, en particular a hídrica, co remate das canalizacións de augas residuais e a proposta de baleirado das fosas sépticas e das microdepuradoras na Zona Rural.
- Esquerda Unida vai garantir a oposición do concello de Ferrol ao funcionamento da planta de gas na ría.
- Modificación puntual do PXOM para garantir a protección integral da fraga de Menáncaro.
- Acción de limpeza e canalización dos Corrais.
- Acción pública de salvagarda da ría de Ferrol e en particular da ensenada da Malata, diante da proposta de Fomento do trazado ferroviario ao Porto Exterior.
- Creación da Unidade de Policía Ambiental, que coide da legalidade urbanística e medioambiental.
- ECONOMÍA SOCIAL
- Creación de emprego público. Rexeitamento á privatización dos servizos públicos.
- Posta en marcha da Empresa Municipal de Servizos, coa dotación de cuadrillas de mantemento e de servizos ás persoas dependentes.
- Proporcionar apoio técnico para a constitución de empresas de economía social. Apoio á creación de cooperativas entre a xente nova. Fomento das empresas de agricultura ecolóxica e turismo rural sustentable.
- Creación da Comisión de Seguimento da Crise, para procurar respostas dende o eido municipal.
- Creación do Fondo de Garantía Familiar e dos microcretos.
- Aplicación da progresividade nas taxas municipais e gravame extraordinario sobre as vivendas baleiras e soares sen edificar. Rescate da inspección dos tributos privatizados, caso do IAE e do ICIO.
- TURISMO
- Planificación participada e sustentable dirixida polo ente municipal de turismo para potenciar este sector económico e social. Fomento de iniciativas de turismo cultural, mediante o Ferrol da Ilustración e o industrial.
- Plan de promoción de Ferrol no exterior.
- Desenvolvemento dunha acción formativa para a millora da calidade.
- MULLER
- Recuperación da Concellería de Muller cun perfil exclusivo para desenvolver o conxunto de políticas públicas de igualdade. Incremento do orzamento de Muller para chegar ao 5% no remate do mandato.
- Relanzamento do programa Ferrol en feminino, para recuperar a nosa memoria, con actuacións de investigación e divulgación das nosas achegas á historia da cidade.
- Constitución do Consello de Mulleres Sabias, integrado por mulleres destacadas da nosa vida social.
- Ampliación da Casa de Acollida e desenvolvemento dun plan de atención integral ás mulleres usuarias.
- Desenvolvemento dun Observatorio de Boas Prácticas.
- Desenvolvemento de políticas de discriminación positiva en materia laboral nos sectores con subrepresentación feminina e nas actividades vencelladas coas políticas de xénero.
- EDUCACIÓN
- Elaboración dun plan de creación de novas escolas públicas infantís (7 escolas infantís de 80 prazas cada unha) que garanta a cobertura total da demanda existente, comezando pola do barrio de Esteiro.
- Exixir das administracións —e asunción polo Concello cando corresponda— da atención de todos os servizos complementarios: comedores escolares, actividades extraescolares, emprego dos centros fóra do horario lectivo, mantemento e millora dos inmobles, etc.
- Pulo ao Consello Escolar Municipal como órgano participativo para planificar a oferta educativa, a revisión da zonificación. Capacitalo para controlar e elaborar propostas sobre o chamado fracaso escolar.
- UNIVERSIDADE
- >
- Activo estratéxico para a nosa cidade. Procurar as condicións materiais que, cando menos, posibiliten a consolidación do campus universitario existente potenciando, ademáis, a súa total apertura á cidadanía.
- Construción da residencia universitaria.
- Ampliación do campus de Esteiro, coa desafección dos terreos militares do Cuartel de Dolores, o cadro de Esteiro e outras dependencias nexas.
- MIGRACIÓNS
- Facer pedagoxía social con programacións do concello, que sexan respectuosas coas diferenzas, integradoras e interculturais. Pulo á oficina de atención á inmigración, para garantir orientación en todos os ámbitos. Facilitar o empadroamento das persoas migrantes con independencia da súa situación administrativa. Valorar e apoiar as asociacións de inmigrantes.
- POLÍTICAS SOCIAIS
- Plan municipal para a creación dos centros de día e residenciais que precisa Ferrol: 6 centros de día de 30 prazas cada unha e 5 residenciais de 150 persoas.
- Creación do Consello da Saúde Municipal para a formulación dos problemas e necesidades da poboación, e millorar a saúde de toda a veciñanza.
- Desenvolver unha acción pública continua no campo da sanidade ambiental pola súa importancia na vida cotiá das veciñas e veciños.
- Facer nosas todas as reivindicacións reclamadas pola plataforma en defensa da sanidade pública, sobre todo:
- Persoal suficiente para cubrir toda a área sanitaria:Control das listaxes de espera.
- Creación dun centro de referencia de enfermidades profesionais.
- Integración do Hospital Juan Cardona na rede pública.
- Integración xa, da atención ás conductas aditivas na rede pública.
- Investimento para completar o plan de accesibilidade para as persoas con problemas de mobilidade.
- Municipalización do servicio de axuda no fogar para millorar a calidade asistencial.
- Plan integral municipal para a infancia e adolescencia que integre necesidades e recursos para atender a dita poboación.
- MOCIDADE
- Elaboracion dun plan de emprego dirixido á mocidade, con servizos e programas de orientación laboral que fomenten a súa inserción no mercado de traballo e a súa emancipación do fogar. Asignación dunha cota de vivendas en aluguer para fomentar as posibilidades de construir unha vida autónoma.
- Creación da casa da Mocidade, para a relación social e a cooperación, autoxestionada pola mocidade.
- Desenvolvemente dun programa específico de Orzamentos Participativos para a mocidade.
- Compromiso de non empregar Ett´s nen axencias privadas de colocación.
- Creación dunha tarxeta xoven que permita o acceso gratuíto aos centros deportivos, ás actividades culturais e ó transporte público.
- DEPORTES
- Compromiso para potenciar a actividade deportiva en todos os ámbitos.
- Fomento das escolas deportivas de base.
- Reforma en profundidade do Padroado de Deportes e creación da Asemblea do Deporte da cidade.
- Plan municipal de millora das instalacións deportivas na Zona Rural.
- Creación da Oficina de Apoio aos clubes.