Capela do Centro Cultural Torrente Ballester
venres, 12 de novembro do 2010
Resumo do acto
O acto público da presentación da candidatura local de Ferrol de Esqueda Unida misturou o político co cultural para rematar de xeito lúdico e distendido. Sendo un espazo para a fraternidade das persoas e a esperanza das propostas.
A presentación de todas e cada un das integrantes da candidatura correu a cargo do catedrático de historia Bernardo Maiz, historiador, porfesor até a súa recente xubilación no IES Concepción Arenal da nosa cidade, (vén de recoller o permio Manuel Murguía concedido pola Asociación Galega de Historiadores pola súa excelente obra investigadora e de divuilgación da Galicia contemporánea), que foi intercalando entre as itnervencións, a poesía e a arte alternativa un breve perfil das persoas que integran a nosa candidatura.
Entre as intevencions das e dos oradores contamos con verbo aceso da actriz Laura Pérez Landeira. Ao longo do acto interviron varios membros da candidatura.
Acompañando os diferentes momentos da presentación tivemos a oportunidade de disfrutar das músicas de Javier Amor (músico que ten percorrido todo o panorama musical galego, dende con Los Limones até diferentes orquestras, adicandose na actualidade a docencia musical), e Cabe (un dos integrantes do gurpo ferrolán dos Cempés).
En directo, namentras se produciu o acto, houbo unha intervención de arte urbana a cargo do grafitero Xeito.
Tralo remate da presentación tomouse un viño no patio deo Centro Cultural Torrente Ballester.

A presentación da candidatura
Unha lingua non pode perpetuar-se se non se exercita,
unha lingua non pode realizarse se non se proxecta sobre un mundo real. (...).
Se queremos de verdade que o galego viva,
temos que facé-lo viver todas as vivéncias da sociedade.
A lingua galega ten que ser a lingua normal dos galegos.
(O uso do galego para todo, Carvalho Calero, R.)
A presentación da candidatura municipal de Esquerda Unida é froito dun traballo de vagar, sementado nas complicidades sociais producidas o abeiro dos nosos traballos, propostas e ideas destes anos. Esta candidatura supón a aposta de Esquerda Unida pola construcción de equipos sólidos, cohesionados e solidarios, equipos baseados no compromiso, na ética (cando ruxe unha corrupción rampante, que semella funcional co mantemento e reprodución das políticas neoliberais), e na determinación de rematar coas inxustizas e eivas que produce necesariamente unha sociedade ferida polas políticas meoliberais. Políticas que nos afogan nunha crise económica e social para cuxa saída nos achegamos entrega, ilusión e ideas. Esta candidatura, afincada nun sobresainte coñecemento das problemáticas da cidade e enriquecida coa experiencia expresa á prefección esa esixencia.
As mulleres e homes que hoxe integramos a candidatura de Esquerda Unida acreditamos no valor do traballo partillado, sabemos da potencia analítica e propositiva do traballo colectivo cando se pon ao servizo da mellora das condicións de vida e traballo da nosa veciñanza, para producir tranformacions progresitstas na nosa cidade.
Mulleres e homes, os desta candidatura que teño a honra de encabezar, que acreditamos no valor do municipalismo como forma de participar na cousa pública e acadar pasos pequenos mais firmes na conquista ardua e necesaria da igualdade, a liberdade e a fraternidade. Mulleres para pular polas políticas de igualdade, mocedade para ler de maneira nova e radical os vellos problemas non resoltos, traballadoras e traballadores que todos os días fan e sosteñen co seu esforzo esta cidade, profesionais recoñecidos que achegan o seu compromiso co cambio social de esquerdas, xentes da cultura que saben do valor emancipador da mesma: unha candidatura de esquerdas para construir o provir das ferrolás e ferroláns traballadores e dos sectores populares máis febles da nosa cidade.
As persoas que integran esta candidatura de esquerda alternativa, da esquerda nacional galega, conforman o mellor equipo para a mellor cidadanía, a crítica, a que non se resigna á dereita e ás políticas de dereitas, a que quere retomar a razón ilustrada para desenvolver o porvir de Ferrol. Mulleres e homes de recoñecida solvencia e coñecemento para conformar un goberno de esquerdas, para respostar e acompañar ás veciñas e veciños nesa aventura de Democracia Participativa, que nós botamos a andar en 2007 e que imos ampliar e consolidar nos vindeiros anos.
Somos, pois, un colectivo que pode pór enriba da mesa un creto acumulado no que atinxe á capacidade para producir boas ideas e saber facer as cousas ben, con responsabilidade e capacidade de xestión. A capacidade para producir propostas e ideas a temos acreditada co noso quefacer no Goberno e tamén na oposición. Somos valiosos porque servimos para arranxar os probelmas da cidade e da nosa veciñanza cunha ollada afincada na esquerda, isto é, nos intereses da maioría social traballadora.
Xogando coa poesía de D. Ricardo, no futuro imperfecto no que imos vivir, semella fundamental que haxa un equipo de traballo sólido e crible, quen de expresar e compartir coa esquerda social e cultural da nosa cidade a ousada aventura de reinventar Ferrol: Esquerda Unida vaino ser.