Paseo-reparto na Festa dos Callos e Mitin en Recimil.
Ferrol, sábado 14 de maio do 2011
YOLANDA DÍAZ COMPROMÉTESE COA REHABILITACIÓN INTEGRAL DE RECIMIL.

ESQUERDA UNIDA CONSTITUIRÁ O INSTITUTO MUNICIPAL DE VIVENDA E SOLO PARA ACHEGAR RECURSOS E COORDINAR A COLABORACIÓN ENTRE AS ADMINISTRACIÓNS.

EU LEVARÁ ADIANTE UNHA NOVA POLÍTICA DE VIVENDA, CON PREZOS SOCIAIS, EN ALUGUER E ENFOCADA EN PARTICULAR PARA A XENTE NOVA.

Yolanda Díaz avanzou o máis firme compromiso de Esquerda Unida para coa veciñanza de Recimil: Esquerda Unida comprométese a comezar a rehabilitación integral de Recimil mediante un acordo das tres administracións que permita achegar os recursos económicos necesarios. En “Recimil cómpren servizos e equipamentos de hoxendía, non manobras especuladoras, un Recimil para o século XXI,” sinalou a alcaldesa por Esquerda Unida.

En coherencia con este programa de actuación para o barrio, Yolanda Díaz afirmou que se constituirá o Instituto Municipal de Vivenda e Solo, como a ferramenta para dirixir unha operación ambiciosa e necesaria. Pediu á veciñanza a forza suficiente para liderar un proxecto alternativo para o barrio e o conxunto da cidade. “

Javier Galán reseñou que a participación das veciñas e vecinos de Recimil neste proceso semella clave para lévalo a bo porto. Dende unha recuperada concellería de Participación Cidadá se estabelecerán os mecanismos axeitados para propiciar a meirande participación da veciñanza nun proxecto para este século.

A candidata non deixou pasar a ocasión de reclamar outra forma de vida e consumo, no Día Internacional do Comercio Xusto. Lembrou as medidas que Esquerda Unida impulsou neste mandato a prol do consumo responsable e a cooperación e desenvolvemento . Esquerda Unida incrementará os recursos adicados a cooperación e o fomento dun consumo responsable neste vindeiro mandato para tentar acadar no cuatrienio o 1% do orzamento.

No hay comentarios: