Benquerida/o veciña/o:
Son tempos para decidir o futuro da nosa cidade. Tempos para enfrontar a crise coa ousadia de imaxinar outras políticas para a nosa veciñanza, as políticas que saben do valor da protección social, da creación de emprego estable e con dereitos, da presenza do público, das políticas que propician o empoderamento social e garanten a participación cidadá; tempos en resumo de non se conformar coas vellas receitas de dereitas que nos levaron a crise.
Os concellos son o mellor espazo, pola súa proximidade, para producir esas políticas alternativas, de esquerdas, que si dan resposta ás necesidades cotías das veciñas e veciños. Políticas de transformación social que requiren da vosa implicación para poderen ser viables e reais. Políticas nas que nós acreditamos e coas que nos comprometemos tanto no goberno como na oposición. Para axudar a crear emprego estable, para xerar novos servizos sociais en educación e dependencia, para remunicipalizar servizos públicos, para xerar integración solidaria e intercultural, para atender as pequenas cuestións e obras nos barrios, para gobernar excoitando e atendendo as suxestións da cidadanía e cogobernando con vós, para este outro xeito de gobernar podedes contar con Esquerda Unida.
Saúdo
ESQUERDA UNIDA apoia as mobilizacións das traballadoras e traballadores de Navantia.
Ferrol, xoves 19 de maio do 2011
ESQUERDA UNIDA, EN ATENCIÓN AS MOBILIZACIÓNS DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ASTELEIRO PÚBLICO, ACORDOU SUMARSE AS MOBILIZACIÓNS EN CURSO DA PLANTILLA E DAS AUXILIARES E ANIMOU Á VENIÑANZA QUE SE ATOPABA NA PRAZA DAS VÍCTIMAS DO 11 DE MARZO ASISTINDO Ó NOSO MITIN, A SECUNDAR AS DEVANDITAS MOBILIZACIÓNS. LEMBRAR QUE YOLANDA DÍAZ EN NOME DE ESQUERDA UNIDA, NO MITIN CENTRAL DA NOSA CAMPAÑA CELEBRADO O PASADO MÉRCORES NO TEATRO JOFRE, REAFIRMOU O COMPROMISO DA NOSA FORMACIÓN COAS DEMANDAS DO NAVAL FERROLÁN, O APOIO AS MOVILIZACIÓNS, REMARCANDO A IMPORTANCIA VITAL QUE PARA O DESENRROLO DA NOSA CIDADE E DA NOSA COMARCA TEÑEN OS ASTELEIROS.
Mitin en Esteiro.
Ferrol, xoves, 19 de maio do 2011
ESQUERDA UNIDA FORMULA UN AMBICIOSO PROGRAMA DE TRANSFORMACIÓNS PARA O BARRIO DE ESTEIRO.
A ELABORACIÓN DO PLAN ESPECIAL, A CONSECUCIÓN DA ESCOLA INFANTIL, A CONSTITUCIÓN DO FORNO BELLÓN COMO CENTRO CÍVICO E A NOVA DOTACIÓN
UNIVERSITARIA SON ALGÚNS DOS ELEMENTOS SOBRANCEIROS DA PROPOSTA PROGRAMÁTICA DE EU.
“QUEREMOS TER A RESPONSABILIDADE DE GOBERNAR A CIDADE”, SALIENTOU YOLANDA DÍAZ.
Yolanda Díaz encarou o tramo final da campaña cun mitin de claro acento político e programático en Esteiro. Tralo exitoso mitin central do Jofre, nun ambiente propicio, quentado polas demandas dos traballadores e traballadoras do naval, a primeira candidata de Esquerda Unida enunciou a determinación e disposición de Esquerda Unida para responsabilizarse do goberno da cidade:” queremos ter a responsabilidade de gobernar a cidade”, subliñou Yolanda Diaz.
A candidata a alcaldesa pola formación de esquerdas formulou un ambicioso programa de transformación para o barrio de Esteiro nos eidos dotacionais públicos, de servizos sociais e educativos. Plasmar un barrio anovado quen de achegar servizos e equipamentos a súa veciñanza foi a súa constante na intervecnión.
Yolanda Díaz defendeu a necesidade de elaborar o Plan Especial de Esteiro para preservar espazos como a rúa San Carlos, recordo do barrio obreiro que configurou a cidade. O Plan ten que ser a ferramenta que preserve e de pulo a un trazado e inmobles doutrora.
Lembrou a acción política e social que EU leva xunto con outras entidades asociativas e veciñais, comandadas pola Asociación Veciñal de Esteiro encol da consecución da nova escola infantil para o barrio cumprindo as previsións do convenio da primavera de 2008. Afirmou que Esquerda Unida relanzará no goberno municipal a loita para que a Xunta de Galicia deixe de incumprir os seus compromisos en materia de benestar.
A ampliación do campus universitario foi outra das propostas nas que a candidata a alcaldesa fixo fincapé a partires do traballo parlamentar que Esquerda Unida está a realizar en demanda da desafección de terreos militares como o cuartel de Dolores ou o cadro de Esteiro para a súa utilización na ampliación do campus.
A adquisición do Forno Bellón para a súa adicación como centro cívico do barrio foi un punto no que a primeira candidata tracexou a xenealoxía da demanda de EU dende o acordo de orzamentos de 2009. Esteiro necesita este equipamento sen máis demoras.
Tivo tempo a candidata para pedir a recuperación do inmoble que fora igrexa de San Fernando para usos públicos no barrio, dada a súa actual situación de desuso.
Coa participación de Yolanda Díaz co tramo alto da candidatura.
Presentará o acto Sari Alabau e contaremos coa actuación musical de Julie Guravich e Cabe.
Neste acto contaremos coa sobresaínte presenza e intervención de Alberto Garzón Espinosa.
Nas loitas contra Bolonia, contra a reforma das pensións, na defensa dos dereitos dos/as traballadores, a figura do intelectual libre que toma a decisión de tender unha man ao movemento sindical, estudiantil, que decide facer súa a loita polos dereitos civís e fai do concepto de "poder civil" o cerne da acción política está a adquirir un novo e ilusionante protagonismo. Na mellor das tradicións da esquerda hai homes e mulleres indispensables para o necesario esforzo colectivo de comprender o que pasa, o que nos pasa. Temos a sorte de poder convidarvos ao acto central de campaña de EU coa presenza de Alberto Garzón Espinosa. Alberto é o exemplo da emerxencia singular, persoal, de todo este esforzo colectivo: un mozo que bebendo no mellor dunha secular tradición de pensamento político aporta toda a frescura da nova xeración que mestura compromiso militante e liberdade intelectual.
Alberto Garzón Espinosa é o autor, xunto cos seus mestres Viçens Navarro e Juan Torres, de algúns dos mellores estudos sobre a actual crise, o fin de ciclo actual e a súa incidencia, a reforma das pensións etc, ferramentas todas imprescindibles para a acción política e sindical consecuente dos tempos actuais. Membro do Comité Científico de ATTAC os seus traballos: "La crisis financiera. Guía para entenderla y explicarla", "La crisis de las hipotecas basura. ¿Por qué se cayó todo y no se ha hundido nada?" e "¿Están en peligro las pensiones públicas? Las preguntas que todos nos hacemos,las respuestas que siempre nos ocultan", foron e son ferramentas imprescindibles na loita política e sindical do pasado máis inmediato do conxunto do movemento sindical no Estado.
Enviámosvos unha serie de links imprescindibles no panorama da rede político-intelectual que se está a construir e no que Alberto participa:
Mitines en Ferrol Vello e en Pazos.
Ferrol, martes, 17 de maio do 2011
ESQUERDA UNIDA DESENVOLVERÁ UN TRABALLO ARREO A PROL DA LINGUA E CULTURA DO NOSO PAÍS.
YOLANDA DÍAZ ASUME O COMPROMISO DE FORNECER O SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CONCELLO.
EU VAI GARANTIR A REHABILITACIÓN DA CASA DE CARVALHO CALERO COMO ESPAZO CULTURAL DE REFERENCIA.
Esquerda Unida realizou un acto público con acento especial, no Ferrol Vello e preto da casa de Carvalho Calero, marcado polo significado do Día das Letras Galegas. Acto onde soaron verbas reivindicativas no discurso dos oradores, cunha intervención de Xosé María Dobarro marcada polo compromiso no que analisou a singular rebeldía de Lois Pereiro.
Yolanda Díaz acolléndose aos versos do poeta homenaxeado este ano, advertiu da necesidade de chegar a tempo de exercer a rebelión diante das inxustizas dun mundo cruel. “Nós estamos cos que tentan deter a roda opresiva e maldita que caracteriza a historia de infamia da que deu conto o poeta na súa Modesta proposición…”pregoou Yolanda Díaz. Animando ás veciñas e vecinos a soster co seu sufraxio a pequeña revolución que vai operar Esquerda Unida na cidade de Ferrol.
A candidata a alcaldesa pola formación de esquerdas subliñou a perentoriedade de pular polas políticas de normalización lingüística. Puxo como exemplo a laboura que Javier Galán desenvolveu cando tivo esa responsabilidade, aumentando os orzamentos adicados á normalización da nosa lingua e deseñando unha acción do Consello da Lingua volcada cara a sociedade para normalizar o galego en todos os eidos da vida social.
Yolanda Díaz comprometeuse a fornecer o servizo de normalización lingüística do concello con recursos e persoal suficientes para extender a súa capacidade de acción. EU asumiu a demanda feita nese senso polos equipos de normalización do país. Non se pode construír un porvir de integración e benestar contra a cultura e a lingua do pobo, anotou na súa intervención.
O Consello Municipal da Lingua será o pé para espallar na sociedade os compromisos para afianzar e desenvolver a nosa lingua por toda a cidade.
Na praza de Ferrol Vello soaron verbas acesas para reclamar o recoñecemento da figura senlleira de Carvalho Calero. Nese contexto, Yolanda Díaz lembrou o traballo feito e garantiu a rehabilitación do inmoble do autor do “Futuro condicional” como espazo cultural sobranceiro para o barrio e a cidade.
Mitines en Santa Mariña e en Canido.
Ferrol, luns 16 de maio do 2011
YOLANDA DÍAZ EXPLICOU OS NOVOS EQUIPAMENTOS QUE A ORGANIZACIÓN DE ESQUERDAS QUERE PARA A VECIÑANZA DE CANIDO.
ESQUERDA UNIDA ACOMETERÁ A REURBANIZACIÓN DA PRAZA DE CANIDO E DA RÚA ALEGRE.
FERNANDO MIRAMONTES ANIMOU Á CIDADANÍA A EXERCER O DEREITO DE SUFRAXIO CON RESPONSABILIDADE E IMAXINACIÓN, A VOTAR A CANDIDATURA DE ESQUERDA UNIDA.
Esquerda Unida reuniu a veciñanza de Canido nos xardíns de Gonzalez Collado/ Fontenla Leal para trasladarlles a proposta programática de cidade para este mandato. Os candidatos que xunto con Yolanda Díaz, candidata a alcaldía, interviron para explicar as numerosas e importantes propostas que a formación de esquerdas ten para o barrio e que suporan unha fonda transformación nos servizos públicos do barrio.
Yolanda Díaz afirmou que as dotacións para servizos públicos que formula EU serán quen de producir un salto cualitativo na vida social do barrio: a construcción do centro social de Canido e do centro de día xunto o comedor social conforman un conxunto de equipamentos dinamizadores e de benestar sociais indispensables para a veciñanza do barrio.
O barrio histórico de Canido precisa dunha acción reurbanizadora forte na Praza de Canido e lkna rúa Alegre, que amplíen as posibilidades peonís e de relación social: esta foi unha das actuacións previstas máis aplaudidas polo público do barrio.
Fernando Miramontes chamou á cidadanía a exercer a responsabilidade con imaxinación: iso resólvese en votar a candidatura de Esquerda Unida, dándolle a oportunidade de dirixir os destinos de Ferrol para producir unha pequena revolución na cidade.
Paseo-reparto na Feira de Ferrol e Mitin no Inferniño.
Ferrol, domingo 15 de maio do 2011
YOLANDA DÍAZ COMPROMETEU SERVIZOS PÚBLICOS PARA HUMANIZAR O ENSANCHE, UNHA ESCOLA INFANTIL E UN CENTRO DE DÍA.
ESQUERDA UNIDA CONSTITUIRÁ O CONSELLO MUNICIPAL DE SAÚDE COMO ESPAZO PARA A FORMULACIÓN DAS NECESIDADES E ÁMBITO DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ E ASOCIATIVA.
ESQUERDA UNIDA DESENVOLVERÁ UNHA POLÍTICA DE INTEGRACIÓN DA POBOACIÓN INMIGRANTE MOI NUMEROSA NO BARRIO.
Esquerda Unida realizou un novo acto público ao ar libre, achegando as súas propostas para a transformación da cidade e en particular do ensanche á numerosa cidadanía que se congregou na praza do Inferniño. A primeira candidata de EU a alcaldía afirmou a determinación do compromiso para construír unha alternativa de esquerdas para a cidadanía farta das políticas neoliberais.
Nunha praza que adoita encherse de cativos e xente moza e maiores, Yolanda Díaz defendeu a necesidade de novas dotacións públicas para o barrio, dotacións públicas para construir unha cidade cohesionada: así sostuvo a necesidade de construír unha escola infantil e un centro de día para a dependencia no barrio.
Construír un ensanche para os peóns, para o paseo e a relación nos espazos públicos recuperados. Compromiso para humanizar o barrio e pulo a dinamización da actividade do pequeño comercio. Varios foron os temas abordados pola cadidata a alcaldesa para remudar o barrio e millorar as condicións de vida da veciñanza.
Outro dos compromisos adquiridos foi o da creación do Consello Municipal da Saúde, como espazo axeitado para propiciar a intervención da cidadanía e das asociación e para a formulación das necesidades e propostas para a millora da saúde pública da nosa cidadanía.
Na intervención Yolanda Díaz afirmou o compromiso da organización de esquerdas para coa numerosa poboación inmigrante que vive no barrio. Esquerda Unida fará bandeira dunha política de integración marcada pola prestación de servizos públicos, o fornecemento da oficina de atención ás persoas migrantes, un enfoque intercultural e o fomento do asociacionismo entre as persoas inmigrantes.
Paseo-reparto na Festa dos Callos e Mitin en Recimil.
Ferrol, sábado 14 de maio do 2011
YOLANDA DÍAZ COMPROMÉTESE COA REHABILITACIÓN INTEGRAL DE RECIMIL.
ESQUERDA UNIDA CONSTITUIRÁ O INSTITUTO MUNICIPAL DE VIVENDA E SOLO PARA ACHEGAR RECURSOS E COORDINAR A COLABORACIÓN ENTRE AS ADMINISTRACIÓNS.
EU LEVARÁ ADIANTE UNHA NOVA POLÍTICA DE VIVENDA, CON PREZOS SOCIAIS, EN ALUGUER E ENFOCADA EN PARTICULAR PARA A XENTE NOVA.
Yolanda Díaz avanzou o máis firme compromiso de Esquerda Unida para coa veciñanza de Recimil: Esquerda Unida comprométese a comezar a rehabilitación integral de Recimil mediante un acordo das tres administracións que permita achegar os recursos económicos necesarios. En “Recimil cómpren servizos e equipamentos de hoxendía, non manobras especuladoras, un Recimil para o século XXI,” sinalou a alcaldesa por Esquerda Unida.
En coherencia con este programa de actuación para o barrio, Yolanda Díaz afirmou que se constituirá o Instituto Municipal de Vivenda e Solo, como a ferramenta para dirixir unha operación ambiciosa e necesaria. Pediu á veciñanza a forza suficiente para liderar un proxecto alternativo para o barrio e o conxunto da cidade. “
Javier Galán reseñou que a participación das veciñas e vecinos de Recimil neste proceso semella clave para lévalo a bo porto. Dende unha recuperada concellería de Participación Cidadá se estabelecerán os mecanismos axeitados para propiciar a meirande participación da veciñanza nun proxecto para este século.
A candidata non deixou pasar a ocasión de reclamar outra forma de vida e consumo, no Día Internacional do Comercio Xusto. Lembrou as medidas que Esquerda Unida impulsou neste mandato a prol do consumo responsable e a cooperación e desenvolvemento . Esquerda Unida incrementará os recursos adicados a cooperación e o fomento dun consumo responsable neste vindeiro mandato para tentar acadar no cuatrienio o 1% do orzamento.
Esquerda Unida apoia o manifesto e a movilización do movimento Democracia Real Xa.
Ferrol, sábado 14 de maio do 2011
Somos persoas normais e correntes. Somos coma ti: xente que se levanta polas mañás para estudar, para traballar ou para buscar traballo, xente que ten familia e amizades. Xente que traballa arreo todos os días para vivir e darlles un futuro mellor a quen nos rodea.
Algunhas destas persoas considerámonos máis progresistas, outras máis conservadoras. Unhas crentes, outras non. Unhas temos ideoloxías ben definidas, outras considerámonos apartidarias e outras apolíticas… Pero todas e todos estamos preocupados, indignados polo panorama político, económico e social que vemos arredor de nós. Pola corrupción da clase política, empresarial e da banca… pola indefensión da cidadanía de a pé.
Esta situación fainos dano día tras día. Pero se nos unimos, podemos mudala. É hora de pórse en movemento, hora de construírmos entre todos, entre todas, unha sociedade mellor. Por iso sostemos firmemente o seguinte:
- Cremos que podemos axudar.
- Sabemos que, unidos, podemos.
- Sae connosco. É o teu dereito.
- As prioridades de toda sociedade avanzada deben ser a igualdade, o progreso, a solidariedade, o libre acceso á cultura, a sustentabilidade ecolóxica e o desenvolvemento, o benestar e a felicidade das persoas.
- Existen uns dereitos básicos que deberían estar cubertos nestas sociedades: dereito á vivenda, ao traballo, á cultura, á saúde, á educación, á participación política, ao libre desenvolvemento persoal e ao consumo dos bens necesarios para unha vida saudable e feliz.
- O actual funcionamento do noso sistema económico e gobernamental non atende a estas prioridades e constitúe un atranco para o progreso da humanidade.
- A democracia parte do pobo (demos = pobo; cracia = goberno), de xeito que o goberno debe ser do pobo. Así e todo, a maior parte da clase política nin sequera nos escoita. As súas funcións deberían ser as de levar a nosa voz ás institucións, facilitando a participación política e cidadá mediante vías directas e procurando o maior beneficio para o groso da sociedade, non a de se enriqueceren e medraren a expensas de nós, atendendo unicamente aos ditados dos grandes poderes económicos e aferrándose ao poder mediante unha ditadura partitocrática encabezada polas inamovibles siglas do PPSOE.
- A ansia e acumulación de poder nunhas poucas mans xera desigualdade, crispación e inxustiza, o cal conduce á violencia, que nós rexeitamos. O obsoleto e antinatural modelo económico vixente bloquea a maquinaria social nunha espiral que se consome a si mesma enriquecendo unha minoría e sumindo o resto na pobreza e escaseza. Até o colapso.
- A vontade e fin do sistema é a acumulación de diñeiro, primándoa por riba da eficacia e o benestar da sociedade, estragando recursos, destruíndo o planeta, xerando desemprego e consumidores infelices.
- Os cidadáns somos parte da engrenaxe dunha máquina destinada a enriquecer unha minoría que non sabe nin das nosas necesidades. Somos xente anónima, pero sen nós, nada disto existiría, pois nós movemos o mundo.
- Se como sociedade aprendemos a non confiar o noso futuro a unha abstracta rendibilidade económica que nunca redunda en beneficio da maioría, poderemos eliminar os abusos e carencias que todos e todas nós sufrimos.
- É necesaria unha revolución ética. Puxemos os cartos por riba do ser humano, mais temos que pólos ao noso servizo. Somos persoas, non produtos do mercado. Eu non son só quen compro, por que o compro e a quen llo compro.
- Cremos que podemos axudar.
- Sabemos que, unidos, podemos.
- Sae connosco. É o teu dereito.
Acto Sectorial da Muller e Mitin en Serantes.
Ferrol, venres 13 de maio do 2011
YOLANDA DÍAZ AFIRMOU QUE CONSTITUIRÁ A AXENCIA LOCAL DA ENERXÍA PARA MILLORAR A EFICIENCIA ENERXÉTICA, FOMENTAR O AFORRO ENERXÉTICO E PULAR POLAS ENERXÍAS RENOVABLES.
ESQUERDA UNIDA CREARÁ UNHA OFICINA DE ATENCIÓN Á CIDADANÍA EN SERANTES PARA ACHEGAR A ADMINISTRACIÓN LOCAL E DEMOCRATIZAR O CONCELLO DA MAN DA DEMOCRACIA PARTICIPATIVA.
Esquerda Unida recuperou a súa campaña electoral logo da suspensión provocada onte polo seísmo na rexión de Murcia cun acto central en Serantes. No local da asociación veciñal os primeiros números da candidatura lanzaron unha mensaxe de optimismo cando se cumpre unha semana de campaña afirmando a determinación de Esquerda Unida para dirixir o Goberno Municipal no vindeiro mandato. “Temos propostas e equipo para construír unha alternativa coas veciñas e veciños que produza un Ferrol para o benestar, o emprego estable e a solidariedade”, sinalou Yolanda Díaz.
No transcurso da súa intervención, comprometeuse a desenvolver de xeito pleno a AXENDA LOCAL 21, para salientar no eido da sustentabilidade a futura constitución da AXENCIA LOCAL DA ENERXÍA. Ferramenta clave para impulsar as políticas de aforro e eficiencia enerxéticas na nosa cidade, incentivar e fomentar o uso racional e sustentable da enerxía, desenvolver un quefacer pedagóxico na cidadanía e empresas e fornecer as políticas alternativas neste eido.
A Axencia xunto co pulo ao Consello Sectorial de Medio Ambiente desenvolverán entre outras accións: unha Guía da Eficiencia Enerxética, realizarán unha auditoría dos consumos enerxéticos para avaliar e proceder a súa redución, bonificarán vivendas e transportes eficientes ou promoverán nos inmobles do concello de xeito progresivo sistemas integrais de aporveitamento enerxético solar.
Yolanda Díaz, a candidata a alcaldesa por EU, anunciou a creación de dúas Oficinas de Atención á Cidadanía para achegar a administración ás veciñas e veciños e procurar deste xeito unha relación máis fácil e cercana entre administración e administrados. Unha desas oficinas se establecerá en Serantes dada a súa posición xeográfica central en relación cos barrios do rural.
O número dous da candidatura, Javier Galán, subliñou que un concello dirixido por Esquerda Unida vai desenvolver e profundar nos mecanismos da DEMOCRACIA PARTICIPATIVA, elemento transversal e clave na proposta de cidade desta organización.
Mitin na Praza de Ultramar.
Ferrol, mércores 11 de maio do 2011


ESQUERDA UNIDA TERÁ COMO COMPROMISO DE GOBERNO IRRENUNCIABLE A INMEDIATA RECUPERACIÓN E REURBANIZACIÓN PÚBLICAS DA PRAZA DE SARTAÑA.
YOLANDA DÍAZ AMOSOU A NECESIDADE DE FACER DE ULTRAMAR UN BARRIO ACCESIBLE, A MILLORA DAS DOTACIÓNS SOCIAIS E ANUNCIOU A CREACIÓN DUN CENTRO COMERCIAL ABERTO PARA DINAMIZAR A VIDA SOCIAL E ECONÓMICA DO BARRIO.
Esquerda Unida celebrou o seu acto público en Ultramar ao ar libre, na Praza de Ultramar, no corazón dos ensanches. Con voces animadas Yolanda Díaz, Javier Galán e Suso Basterrechea, que deu hoxe o seu primeiro mitin, deron conta das razóns e propostas que ten Esquerda Unida para dirixir o Goberno Municipal nos vindeiros catro anos.
Unha primeira declaración obrigada foi o compromiso irrenunciable para proceder a reurbanizar de xeito público a Praza de Sartaña. Unha das bandeiras que caracterizaron o labor político de EU neste mandato. Yolanda Díaz foi tallante o reclamar unha acción pública reurbanizadora sen máis demoras. Lembrou a candidata a alcaldesa de EU que a praza foi fonte de desavinzas co Goberno Municipal toda vez que este demorouse e deixou morrer o tempo sen achar unha solución pronta e rápida a unha sentida demanda vecinal.
Facer de Ultramar un barrio accesible foi unha das demandas sostidas con máis énfase pola candidata de EU a alcaldía, que subliñou que tamén os barrios do ensanche precisan dun pequeno facer público revolucionario, que ao millorar as dotacións devolva vida aos espazos públicos. Alimentar a vida social e económica do barrio precisa da millora dos espazos públicos e da creación dun centro comercial aberto que entregue ao comercio do barrio un sinal distintivo e produza sinerxias e cooperación no pequeno comercio que o concello ten que fomentar.
A millora das dotacións sociais e educativas do barrio foi outro dos eixes claves das intervencións facendo Suso Basterrechea un repaso as propostas que EU ten neste eido: o plan para a creación das escolas infantís, elemento fundamental do benestar e da corrección temperá das desigualdades, xunto coa formulación do planeamento para crear un centro de día e residencial para atender a realidade das persoas dependentes do barrio. Ámbalos dous equipamentos xogan un papel central para producir uns barrios socialmente integrados.
Javier Galán non deixou pasar a oportunidade de pedirlles aos numerosos veciños e veciñas asistentes que se involucren nas cuestións públicas da cidade. Para iso salientou as propostas de DEMOCRACIA PARTICIPATIVA que Esquerda Unida vai desenvolver para extender e fornecer a participación da cidadanía.
Esquerda Unida apoia as reivindicacións dos traballadores de Navantia.
Ferrol, martes 11 de maio do 2011
ESQUERDA UNIDA AMOSA O SEU APOIO ÁS DEMANDAS DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DE NAVANTIA.
YOLANDA DÍAZ SALIENTA AS PROPOSICIÓNS PRESENTADAS POR EU NO CONGRESO PARA MILLORAR AS CAPACIDADES PRODUTIVAS DA EMPRESA PÚBLICA COA CUBRICIÓN DUN DIQUE E A ADQUISIÓN DUN DIQUE FLOTANTE PARA CARENAS.
A CANDIDATA A ALCALDESA, YOLANDA DÍAZ, ANUNCIA A PRESENTACIÓN DUNHA NOVA INICIATIVA NO CONGRESO PARA GARANTIR A CARGA DE TRABALLO DO ASTELEIRO.
Logo da Xunta de Voceiros celebrada a última hora da mañán, Esquerda Unida quere amosar a súa plena solidariedade coa plantilla de traballadoras e traballadores da empresa pública, que coas mobilizacións e iniciativas destes días queren denunciar a alarmante falla de carga de traballo que ameaza o futuro da plantilla tanto da das empresas auxiliares como da propia plantilla. Circunstancia que cómpre non esquecer suporía unha bomba para a vida social e económica da nosa cidade e comarca.
Yolanda Díaz defendeu o extraordinario valor e a viabilidade da empresa e en particular as enormes capacidades que acubilla a plantilla para sacar adiante o futuro da mesma. A nosa organización, que aínda mantivo un encontro de traballo co Comité de empresa hai pouco, en marzo, co gallo da visita do Coordinador Xeral de IU, Cayo Lara, vén de presentar nos últimos orzamentos do Estado unha importante batería de emendas para reforzar as capacidades produtivas do estaleiro: 150 millóns de euros para comezar a cubrición do dique e a adquisición dun dique flotante entre outras cuestións. Elementos importantes para conquerir novos encargos e así horas de traballo.
A candidata a alcaldesa por Esquerda Unida anunciou que Esquerda Unida presentará unha batería de iniciativas parlamentares para reclamar do Goberno do Estado un compromiso orzamentario firme, plasmado xa na vindeira anualidade, para garantir carga de traballo para o estaleiro público. Carga de traballo que non é preciso dicilo supón postos de traballo na nosa cidade e comarca.
Mitines en Viladóniga, San Pablo e Santa Mariña.
Ferrol, martes 10 de maio do 2011

Esquerda Unida propón a elaboración dun convenio para conquerir a retirada da subestación eléctrica de Santa Mariña neste vindeiro mandato.
Javier Galán reclama a conversión do campo de tiro de Catabois nun parque urbano que millore a dotación de zona verdes e de ocio no barrio.
Esquerda Unida desenvolveu os mitines en Viladóniga, San Pablo e Santa Mariña (este suspendeuse por horarios), no transcurso dos cales os diversos oradores reafirmaron o seu compromiso de traballo para millorar as dotacións e servizos desdte barrio traballador.
Salientou Yolanda Díaz a urexencia de acometer unha obra concertada entre a Xunta, Fenosa e o concello para a firma e execución do desmantelamento da subestación eléctrica. Esquerda Unida vén despregando una laboura diante do Goberno Municipal para que faga efectivas as nosas propostas nun eido que ten dúas compoñentes: a garantía da saúde pública coa retirada ddunha instalación sempre contestada polos posibles efectos nocivos para a saúde pública; a incorporación dun equipamento de zona verde que supoña ampliar a existente e construir un anovado espazo para o ocio e a relación social das veciñas e veciños do barrio.
No mitin celebrado en San Pablo, ao ar libre, Javier Galán número dous da nosa candidatura comprometeu e explicou a proposta de Esquerda Unida para converter o campo de tiro de Catabois nun parque Urbano que entregue un espazo novo vencellado ao barrio e que produzca un gran espazo arborado acondicionado como parque forestal.
Javier Galán avanzou a proposta de Esquerda Unida para conquerir a declaración de Áreas de Rehabilitación integral para as vivendas de San Pablo. Os poderes públicos temos que comprometer un esforzo público para reurbanizar e millorar as dotacións para acomodalas aos estándares de benestar de agora.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
