Acto Sectorial da Muller e Mitin en Serantes.
Ferrol, venres 13 de maio do 2011
YOLANDA DÍAZ AFIRMOU QUE CONSTITUIRÁ A AXENCIA LOCAL DA ENERXÍA PARA MILLORAR A EFICIENCIA ENERXÉTICA, FOMENTAR O AFORRO ENERXÉTICO E PULAR POLAS ENERXÍAS RENOVABLES.

ESQUERDA UNIDA CREARÁ UNHA OFICINA DE ATENCIÓN Á CIDADANÍA EN SERANTES PARA ACHEGAR A ADMINISTRACIÓN LOCAL E DEMOCRATIZAR O CONCELLO DA MAN DA DEMOCRACIA PARTICIPATIVA.

Esquerda Unida recuperou a súa campaña electoral logo da suspensión provocada onte polo seísmo na rexión de Murcia cun acto central en Serantes. No local da asociación veciñal os primeiros números da candidatura lanzaron unha mensaxe de optimismo cando se cumpre unha semana de campaña afirmando a determinación de Esquerda Unida para dirixir o Goberno Municipal no vindeiro mandato. “Temos propostas e equipo para construír unha alternativa coas veciñas e veciños que produza un Ferrol para o benestar, o emprego estable e a solidariedade”, sinalou Yolanda Díaz.

No transcurso da súa intervención, comprometeuse a desenvolver de xeito pleno a AXENDA LOCAL 21, para salientar no eido da sustentabilidade a futura constitución da AXENCIA LOCAL DA ENERXÍA. Ferramenta clave para impulsar as políticas de aforro e eficiencia enerxéticas na nosa cidade, incentivar e fomentar o uso racional e sustentable da enerxía, desenvolver un quefacer pedagóxico na cidadanía e empresas e fornecer as políticas alternativas neste eido.

A Axencia xunto co pulo ao Consello Sectorial de Medio Ambiente desenvolverán entre outras accións: unha Guía da Eficiencia Enerxética, realizarán unha auditoría dos consumos enerxéticos para avaliar e proceder a súa redución, bonificarán vivendas e transportes eficientes ou promoverán nos inmobles do concello de xeito progresivo sistemas integrais de aporveitamento enerxético solar.

Yolanda Díaz, a candidata a alcaldesa por EU, anunciou a creación de dúas Oficinas de Atención á Cidadanía para achegar a administración ás veciñas e veciños e procurar deste xeito unha relación máis fácil e cercana entre administración e administrados. Unha desas oficinas se establecerá en Serantes dada a súa posición xeográfica central en relación cos barrios do rural.

O número dous da candidatura, Javier Galán, subliñou que un concello dirixido por Esquerda Unida vai desenvolver e profundar nos mecanismos da DEMOCRACIA PARTICIPATIVA, elemento transversal e clave na proposta de cidade desta organización.

No hay comentarios: