Mitin na Praza de Ultramar.
Ferrol, mércores 11 de maio do 2011


ESQUERDA UNIDA TERÁ COMO COMPROMISO DE GOBERNO IRRENUNCIABLE A INMEDIATA RECUPERACIÓN E REURBANIZACIÓN PÚBLICAS DA PRAZA DE SARTAÑA.
YOLANDA DÍAZ AMOSOU A NECESIDADE DE FACER DE ULTRAMAR UN BARRIO ACCESIBLE, A MILLORA DAS DOTACIÓNS SOCIAIS E ANUNCIOU A CREACIÓN DUN CENTRO COMERCIAL ABERTO PARA DINAMIZAR A VIDA SOCIAL E ECONÓMICA DO BARRIO.
Esquerda Unida celebrou o seu acto público en Ultramar ao ar libre, na Praza de Ultramar, no corazón dos ensanches. Con voces animadas Yolanda Díaz, Javier Galán e Suso Basterrechea, que deu hoxe o seu primeiro mitin, deron conta das razóns e propostas que ten Esquerda Unida para dirixir o Goberno Municipal nos vindeiros catro anos.
Unha primeira declaración obrigada foi o compromiso irrenunciable para proceder a reurbanizar de xeito público a Praza de Sartaña. Unha das bandeiras que caracterizaron o labor político de EU neste mandato. Yolanda Díaz foi tallante o reclamar unha acción pública reurbanizadora sen máis demoras. Lembrou a candidata a alcaldesa de EU que a praza foi fonte de desavinzas co Goberno Municipal toda vez que este demorouse e deixou morrer o tempo sen achar unha solución pronta e rápida a unha sentida demanda vecinal.
Facer de Ultramar un barrio accesible foi unha das demandas sostidas con máis énfase pola candidata de EU a alcaldía, que subliñou que tamén os barrios do ensanche precisan dun pequeno facer público revolucionario, que ao millorar as dotacións devolva vida aos espazos públicos. Alimentar a vida social e económica do barrio precisa da millora dos espazos públicos e da creación dun centro comercial aberto que entregue ao comercio do barrio un sinal distintivo e produza sinerxias e cooperación no pequeno comercio que o concello ten que fomentar.
A millora das dotacións sociais e educativas do barrio foi outro dos eixes claves das intervencións facendo Suso Basterrechea un repaso as propostas que EU ten neste eido: o plan para a creación das escolas infantís, elemento fundamental do benestar e da corrección temperá das desigualdades, xunto coa formulación do planeamento para crear un centro de día e residencial para atender a realidade das persoas dependentes do barrio. Ámbalos dous equipamentos xogan un papel central para producir uns barrios socialmente integrados.
Javier Galán non deixou pasar a oportunidade de pedirlles aos numerosos veciños e veciñas asistentes que se involucren nas cuestións públicas da cidade. Para iso salientou as propostas de DEMOCRACIA PARTICIPATIVA que Esquerda Unida vai desenvolver para extender e fornecer a participación da cidadanía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario