Esquerda Unida apoia as reivindicacións dos traballadores de Navantia.
Ferrol, martes 11 de maio do 2011
ESQUERDA UNIDA AMOSA O SEU APOIO ÁS DEMANDAS DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DE NAVANTIA.

YOLANDA DÍAZ SALIENTA AS PROPOSICIÓNS PRESENTADAS POR EU NO CONGRESO PARA MILLORAR AS CAPACIDADES PRODUTIVAS DA EMPRESA PÚBLICA COA CUBRICIÓN DUN DIQUE E A ADQUISIÓN DUN DIQUE FLOTANTE PARA CARENAS.

A CANDIDATA A ALCALDESA, YOLANDA DÍAZ, ANUNCIA A PRESENTACIÓN DUNHA NOVA INICIATIVA NO CONGRESO PARA GARANTIR A CARGA DE TRABALLO DO ASTELEIRO.

Logo da Xunta de Voceiros celebrada a última hora da mañán, Esquerda Unida quere amosar a súa plena solidariedade coa plantilla de traballadoras e traballadores da empresa pública, que coas mobilizacións e iniciativas destes días queren denunciar a alarmante falla de carga de traballo que ameaza o futuro da plantilla tanto da das empresas auxiliares como da propia plantilla. Circunstancia que cómpre non esquecer suporía unha bomba para a vida social e económica da nosa cidade e comarca.

Yolanda Díaz defendeu o extraordinario valor e a viabilidade da empresa e en particular as enormes capacidades que acubilla a plantilla para sacar adiante o futuro da mesma. A nosa organización, que aínda mantivo un encontro de traballo co Comité de empresa hai pouco, en marzo, co gallo da visita do Coordinador Xeral de IU, Cayo Lara, vén de presentar nos últimos orzamentos do Estado unha importante batería de emendas para reforzar as capacidades produtivas do estaleiro: 150 millóns de euros para comezar a cubrición do dique e a adquisición dun dique flotante entre outras cuestións. Elementos importantes para conquerir novos encargos e así horas de traballo.

A candidata a alcaldesa por Esquerda Unida anunciou que Esquerda Unida presentará unha batería de iniciativas parlamentares para reclamar do Goberno do Estado un compromiso orzamentario firme, plasmado xa na vindeira anualidade, para garantir carga de traballo para o estaleiro público. Carga de traballo que non é preciso dicilo supón postos de traballo na nosa cidade e comarca.

No hay comentarios: