Actos electorais na Graña e na Cabana.
Ferrol, venres 6 de maio do 2011
Esquerda Unida abriu a xeira de reunións coa veciñanza desenvolvendo unha apretada axenda de xuntanzas coa veciñanza na Graña e nomeadamente na Cabana, onde a nosa formación realizou a súa principal actividade política do día, mantendo un encontro cos veciños e instalando un punto de información móbil para conversar e repartir o material explicativo da nosa proposta de programa para Ferrol.
Yolanda Día, primeira candidata, desgranou as eivas e insuficiencias que lastran a veciñanza da Cabana, para reclamar a dotación dun ORZAMENTO ESPECÍFICO PARA OS BARRIOS DO RURAL , que sirva para superar de xeito progresivo o déficit de servizos e de prestacións que adoitan padecer as veciñas e veciños da zona.
Dende o crónico e non arranxado problema do saneamento ate as cuestións como a consecución dunha rede sen fíos ou a millora do sinal televisivo, a candidata a alcaldesa por Esquerda Unida, comprometeu o traballo das concelleiras e concelleiros de Esquerda Unida para superar eses déficits: "abonda xa de discriminación, a veciñanza sexa do rural ou do centro ten que ter servizos públicos semellantes".
En conexión co noso compromiso co rural, Javier Galán avanzou as avantaxes que para a veciñanza terá a dinamización do proceso de DEMOCRACIA PARTICIPATIVA por parte dun futuro goberno de Esquerda Unida .
No hay comentarios:
Publicar un comentario