Algunhas das nosas propostas.
Ferrol, venres 6 de maio 2011
O programa electoral para esta municipais de Esquerda Unida, marcado pola incidencia das políticas participativas, solidarias e de ámeto social, asegura que no próximo mandato defenderá anta a Xunta a creación de seis centros de día, residencias para maiores e seis escolas ínfantís e públicas, unha delas en Navantia. Facendo un resumen das 43 páxinas que ten o seu programa por áreas podemos atopar as seguintes propostas:
Urbanismo.
Esquerda Unida propón unificar as concellerías de Urbanismo e Obras, añadindolle a de Infraestructuras. Ademais, propón modificar o convenio con Defensa incorporando o Cuartel de Dolores, Monteventoso e Puerto Chico. Nosa formación quere devolverlle a Praza de Armas o seu aspecto orixinal, moi parecido ó da Praza de Amboaxe, Ademais queremos convertir en centros cívicos o edificio de Aduanas, os vellos xulgados, o cuartelillo de San Xoán, trasladando a policía a O Bertón, e o chalé de Fenya. No barrio do Bertón, ademais de Santa Mariña e a Ponte das Cabras, compromete unha promoción pública de vivendas de iniciativa municipal. Tamén propoñemos a peatonalización de todo o barrio da Magdalena e de Ferrol Vello.
Cultura.
A creación do Museo da Cidade no antigo Hospicio, é un dos proxecto mais ambiciosos da nosa formación, sendo acompañado de outros como a reforma do Torrente Ballester e dotar dun espazo propio o arquivo municipal.
Economía Social.
Un dos obxetivos e penar a especulación e implantar a progresividade nas tasas municipais. Ademais, entre outras, de crear unha empresa municipal de vivenda, remunicipalizar o servizo da auga e o fomento do pequeno comercio fronte as grandes superficies.
No hay comentarios:
Publicar un comentario