Presentación do programa da Muller.
Ferrol, martes 3 de maio do 2011
Yolanda Díaz, candidata de Esquerda Unida a alcaldía de Ferrol , presentou na Casa da Muller as liñas maestras do programa da nosa formación na área da Muller.
Estivo acompañada, entre outras, por María Jesús Durán e Sarí Alabau, números 3 e 6 da candidatura, Desta última destacou o seu traballo ó frente da Concellería da Muller, sinalando que ”foi capaz de priorizar ás mulleres na súa acción de goberno” poñendo como exemplo a mesma instalación donde se estaba a celebrar este acto político.
Destacou que Esquerda Unida é a organización política con mayor presenza de mulleres na súas candidaturas, sinalando que a primeira demanda da sua formación será “o retorno da Cencellería da Muller como área independente” porque este colectivo “necesita espazos, políticas e recursos propios”.
Na mesma liña Sari Alabau, criticou ó PSOE, por decidir, trala expulsión de Esqueda Unida do goberno municipal, integrar dita concelleria na de Benestar, deixandoa así “nun segundo plano cando precisa una adicación total e absoluta”.
No seu programa, Esquerda Unida propón o incremento dos presupostos municipais nesta materia “temos que rachar o círculo de ferro do subfinanciamento que nos afoga”. E necesario incrementar os medios económicos para desenrrolar programas e políticas de igualdade. Pretendemos que nunha primeira fase se incremente a partida económica para esta materia nun 2% e, progesivamente, alcanzar o 5% ó final do mandato.
Entre as nosas prioridades para os próximos catro anos, plantexamos a ampliación da Casa de Acollida, que “no seu día foi pioneira en Galicia pero que agora quedouse obsoleta”, lamentouse Sari Alabau, así como a súa redefinición para facelo integral e que “realmente sirva para rehabilitar ás mulleres que están a pasar polo inferno dos malos tratos”, reforzando as súas actividades sociais, psicológicas e xurídicas, engadiu.
Ademais propoñemos redefinir o contido e o funcionamento do Consello Municipal da Muller, que o Plan de Igualdade no sexa simple “papel mollado”, a constitución do Consello de Mulleres Sabias, políticas públicas de emprego, o relanzamento do Programa Ferrol en Femenino e facilitar o aborto na área sanitaria de Ferrol.
Ademais propoñemos redefinir o contido e o funcionamento do Consello Municipal da Muller, que o Plan de Igualdade no sexa simple “papel mollado”, a constitución do Consello de Mulleres Sabias, políticas públicas de emprego, o relanzamento do Programa Ferrol en Femenino e facilitar o aborto na área sanitaria de Ferrol.
No hay comentarios:
Publicar un comentario