Presentación do programa de Cultura.
Ferrol, martes 26 de abril do 2011
Esquerda Unida vén de presentar as liñas fundamentais do seu programa de Cultura. Esquerda Unida trouxo a Ferrol o catedrático de Literatura Española y Premio Nacional de Poesía Luis García Montero para presentar o seu programa de cultura cara as próxima eleccións municipais.
Este escritor explicou o seu apoio a nosa coalición de esquerdas decindo que e o “único referente capaz de romper co bipartidismo que da cobixo a cultura neoliberal e de levar as institucións a rebeldía”.
Neste senso, García Montero señalou que "as eleccions representan o protagonismo dos cidadan fronte a degradación económica e social da democracia".
Un envilecimento que para este poeta granadino se pon de manifesto na telebausra, na falta de horizontes dos estudantes universitarios ou na proliferación de mileuristas en contrapartida cos cada vez maiores beneficios das empresa do IBEX35 e os seus directivos.
García Montero preguntouse por qué a xente non reacciona e indicou que a resposta está no papel da cultura e da educación, instrumentos para "facer fronte dende a sociedade civil a presión dos mercados financieros, que están actuando con una liberdade exterma no noso país", afirmou.
"Esta crise non é soio política e económica", dixo o galardoado poeta, "tamén e cultural e de valores, por iso e importante apoiar o programa cultural de Esquerda Unida en cada concello".
"En conversacións de bar a poboación mostrase moi indignada cando se fala do paro, do soldo dos executivos, das gañancias das empresas .. a primeira ocasión de votarse a rúa é nas próximas eleccións", terminou García Montero, que onte mostrou o seu decidido apoio a candidatura de Yolanda Díaz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario