Presentación do programa de Xustiza.
Ferrol, venres 29 de abril do 2011
Yolanda Díaz e Javier Galán, números un e dous da lista de Esquerda Unida, veñen de presentar, as portas dos xulgados da nosa cidade sitos na rúa Coruña, a nosa proposta electoral en materia de xustiza.
Esquerda Unida reclama unha acción investidora da Xunta para a millora da administración de xustiza na nosa cidade.
Yolanda Díaz acusa ao PP de vender fume e esquecer a Ferrol nas preivisións do plan de infraestructuras.
A sección da Audiencia,o xulgado de familia e a inclusión no plan de infraestructuras na súa primeira fase marcan as demandas de Esquerda Unida.
Yolanda Díaz afirmou o carácter fundamental da administración de xustiza para o bo funcionamento do sistema democrático, cualificando á xustiza como un dos servizos públicos fundamentais e, xa que logo, reclamou que esta administración ten que ter unha dotación orzamentaria suficiente para cumprir co seu fundamental cometido.

Esquerda Unida afirma a necesidade de dotármonos dunha sección da Audiencia o que vai percutir favorablemente na vida das persoas que van atopar facilidades e aforros non tendo que se desprazar a outra cidade. Hai que salientar que Ferrol resta como a única cidade galega sen esta sección da Audiencia, cando a nosa cidade encabeza a terceira aglomeración urbana de Galicia.

EU tamén considera e así o vai continuar a propugnar que a nosa cidade ten que conquerir un xulgado de primeira instancia adicado a familia, quen de axudar a atender unha demanda crecente.

Ferrol precisa, nas verbas de Yolanda Díaz, un compromiso para acadar estas novas instancias xudiciais e xunto a elo unha dotación orzamentaria quen de situar a dotación física dos xulgados á altura do actual tempo e necesidades cidadás. Neste eido, Yolanda Díaz acusou ao Partido Popular de vender fume namentras esquece e adía o cumprimento desas necesidades na nosa cidade. O Presidente da Xunta afirmou o seu compromiso coas cidades da xustiza de Ourense e da Coruña, sen decir ren de Ferrol. É máis a dotación que prevé o Plan de Infraestruturas retrasa ate 2014 o comezo dun investimento totalmente insuficiente para facer realidade as arelas e necesidades tanto da cidadanía canto das persoas que traballan no eido da xustiza e que coñecen das súas carencias.

Yolanda Díaz salientou que logo da aprobación do PERI do Sánchez Aguilera non lle restan excusas ao PP para facer efectivo o investimento que precisa a administración de xustiza en Ferrol, tal e como vén denunciando asección sindical de CC.OO de xustiza.

No hay comentarios: