Coa participación de Yolanda Díaz co tramo alto da candidatura. Presentará o acto Sari Alabau e contaremos coa actuación musical de Julie Guravich e Cabe.

Neste acto contaremos coa sobresaínte presenza e intervención de Alberto Garzón Espinosa.

Nas loitas contra Bolonia, contra a reforma das pensións, na defensa dos dereitos dos/as traballadores, a figura do intelectual libre que toma a decisión de tender unha man ao movemento sindical, estudiantil, que decide facer súa a loita polos dereitos civís e fai do concepto de "poder civil" o cerne da acción política está a adquirir un novo e ilusionante protagonismo. Na mellor das tradicións da esquerda hai homes e mulleres indispensables para o necesario esforzo colectivo de comprender o que pasa, o que nos pasa. Temos a sorte de poder convidarvos ao acto central de campaña de EU coa presenza de Alberto Garzón Espinosa. Alberto é o exemplo da emerxencia singular, persoal, de todo este esforzo colectivo: un mozo que bebendo no mellor dunha secular tradición de pensamento político aporta toda a frescura da nova xeración que mestura compromiso militante e liberdade intelectual.

Alberto Garzón Espinosa é o autor, xunto cos seus mestres Viçens Navarro e Juan Torres, de algúns dos mellores estudos sobre a actual crise, o fin de ciclo actual e a súa incidencia, a reforma das pensións etc, ferramentas todas imprescindibles para a acción política e sindical consecuente dos tempos actuais. Membro do Comité Científico de ATTAC os seus traballos: "La crisis financiera. Guía para entenderla y explicarla", "La crisis de las hipotecas basura. ¿Por qué se cayó todo y no se ha hundido nada?" e "¿Están en peligro las pensiones públicas? Las preguntas que todos nos hacemos,las respuestas que siempre nos ocultan", foron e son ferramentas imprescindibles na loita política e sindical do pasado máis inmediato do conxunto do movemento sindical no Estado.

Enviámosvos unha serie de links imprescindibles no panorama da rede político-intelectual que se está a construir e no que Alberto participa:

No hay comentarios: